Impostos da UE

Tras determinar onde tes que cobrar impostos na Unión Europea, podes configurar a túa tenda de Shopify para xestionar automaticamente os tipos impositivos utilizados para o cálculo dos impostos das túas vendas e configurar a anulación de impostos para produtos que teñan tipos impositivos especiais. Consulta os seguintes recursos para saber máis sobre a configuración dos impostos:

  • Se comezaches a utilizar Shopify hai pouco, consulta Configuración dos impostos da UE.
  • Se xa utilizas Shopify e tes que actualizar a túa configuración, consulta Servizos de impostos na UE. Se na túa configuración de impostos se mostran países nos que non tes rexistro para a recadación ou non queres recadar impostos neles, podes eliminalos.
  • Se xa utilizas Shopify e queres obter máis información sobre os diferentes servizos de impostos dispoñibles na túa rexión, consulta Selección dun servizo de impostos.

Se a túa empresa ten a súa base nun país membro da Unión Europea e queres vender noutros países que pertenzan a ela, terás que solicitar un número de imposto sobre o valor engadido (IVE) na túa xurisdición local. Un número de IVE permitirache cobrarlle o IVE á túa clientela na UE segundo a súa localización. Podes configurar a anulación de impostos en produtos con tipos impositivos especiais.

Podes usar Shopify para automatizar o cobro dos impostos, pero non o podes utilizar para remitir ou declarar os teus impostos por ti. Cando saibas onde tes a obriga de cobrar impostos, podes seguir esta guía para asegurarte de que configuraches a túa tenda de Shopify para cobrar os tipos correctos.

Cando a túa tenda estea aberta e comeces a realizar vendas, a páxina de revisión das obrigas fiscais pode axudarche a determinar onde ten un nexo a túa tenda.

Nesta sección