Usar o editor de fluxo de traballo en Shopify Flow
O editor de fluxos de traballo é unha ferramenta que che permite personalizar e editar a funcionalidade dos teus fluxos de traballo en Shopify Flow. O editor de fluxos de traballo ten unha interface de arrastrar e soltar que che permite organizar e deseñar os teus fluxos de traballo ao engadir pasos de diferentes tipos nun formato vertical de arriba a abaixo.
O primeiro paso que podes engadir a un fluxo de traballo co editor sempre é un paso do activador. Despois de engadilo, podes usar as iconas + para incluír os pasos de condición ou acción que sucederán a continuación na secuencia do fluxo de traballo. As frechas conectan os diferentes pasos no editor e indican cales levan directamente a outros en función das condicións ou das accións que se realicen.
Para que funcionen, todos os pasos deben conectarse a polo menos outro paso do fluxo de traballo. Podes engadir pasos fóra do fluxo en calquera parte do editor, pero non formarán parte deste a non ser que estean conectados a outro paso por medio dunha frecha. Cada paso só pode ter 1 paso precedente, polo que non se admite a converxencia de varias ramas do fluxo de traballo de novo nunha única ruta de pasos.
Podes configurar os detalles dos pasos de condición e acción mediante o panel de configuración situado na parte esquerda do editor de fluxo de traballo. O panel de configuración só se mostra cando hai un paso seleccionado.
Nesta páxina
- Abrir un fluxo de traballo no editor de fluxo de traballo
- Engadir un paso a un fluxo de traballo
- Copiar e pegar pasos nun fluxo de traballo
- Conectar pasos nun fluxo de traballo
- Organizar pasos no editor de fluxos de traballo
- Eliminar un paso dun fluxo de traballo
- Usar a barra de ferramentas de visualización do editor de fluxo de traballo
- Usar o panel de configuración de pasos no editor de fluxo de traballo
Abrir un fluxo de traballo no editor de fluxo de traballo
En Shopify Flow, podes acceder ao editor de fluxos de traballo creando un novo fluxo de traballo ou premendo en calquera fluxo de traballo existente e, despois, en Editar.
Pasos:
Desde o administrador de Shopify, vai a Aplicacións > Flow.
Na sección Fluxos de traballo, realiza algunha das seguintes accións:
- Para abrir o editor de fluxos de traballo para un novo fluxo de traballo baleiro, preme en Crear fluxo de traballo.
- Para abrir o editor de fluxos de traballo para un fluxo de traballo existente, preme no fluxo de traballo e, despois, en Editar.
Engadir un paso a un fluxo de traballo
No editor de fluxos de traballo, podes engadir un paso de calquera das seguintes maneiras:
- Pasa o rato sobre calquera paso existente e preme a icona
+para seleccionar un paso de condición ou de acción e engadilo como a seguinte conexión no fluxo de traballo.- Os pasos de condición teñen dúas iconas
+: unha para a ruta Verdadeiro cando se cumpre a condición e outra para a ruta Falso cando non se cumpre. - O paso da acción Bucle para cada (iterar) tamén ten 2 iconas
+: unha para Repetir para cada artigo, que permite definir os pasos que se levan a cabo para cada artigo da lista; e outra para Despois do último artigo, que permite definir os pasos que ocorren despois de que se devolva o último artigo da lista.
- Os pasos de condición teñen dúas iconas
- Fai clic nun espazo baleiro en calquera lugar do editor de fluxos de traballo. Se non hai ningún activador no fluxo de traballo, o panel de configuración mostrará as opcións do paso do activador. Se xa hai un, o panel de configuración mostrará as opcións do paso da acción.
Copiar e pegar pasos nun fluxo de traballo
Crear fluxos de traballo adoita implicar recrear pasos que xa configuraches noutro sitio. No editor de fluxos de traballo, podes copiar un paso de acción ou de condición existente e pegalo no mesmo fluxo de traballo ou noutro diferente, en lugar de ter que reconstruír o paso desde cero. Flow mantén os valores do campo de configuración do paso copiado e, nos pasos de condición, a súa lóxica; deste xeito, o paso pegado xa estará listo para usarse facendo só uns pequenos axustes.
Só podes copiar e pegar un paso de acción ou de condición á vez. Os pasos de activador non se poden copiar. Os pasos que usan unha páxina de configuración personalizada, como Enviar correo electrónico de márketing, tampouco se poden copiar.
Pasos:
- Abre un fluxo de traballo no editor de fluxos de traballo.
- Preme no paso de acción ou de condición que queres copiar.
- Copia o paso premendo
ctrl + Cnun PC oucomando + Cnun Mac. - Opcional: se estás pegando o paso noutro fluxo de traballo, abre ese fluxo de traballo no editor. O fluxo de traballo de destino xa debe ter un paso de activador.
- Pega o paso premendo
ctrl + Vnun PC oucomando + Vnun Mac. O paso pegado engádese preto do cursor. Se o cursor non está sobre o editor, o paso pegado engádese no centro deste. - Conecta o paso co resto do fluxo de traballo antes de activar o fluxo de traballo.
Conectar os pasos nun fluxo de traballo
Para que funcionen, todos os pasos deben conectarse a polo menos outro paso do fluxo de traballo. O editor de fluxos de traballo indica que pasos se conectan entre si mediante frechas direccionais. Por defecto, os fluxos de traballo flúen verticalmente de arriba a abaixo no editor.
Cando engades un paso ao fluxo de traballo desde outro paso usando a icona +, o novo paso conéctase automaticamente co paso anterior. Tamén podes crear unha conexión entre pasos de forma manual: só tes que manter premido o + no primeiro paso e arrastrar o final da frecha ata o segundo paso. Como cada paso só pode ter 1 conexión de paso anterior, non é posible facer que varias ramas do fluxo de traballo converxan de novo nunha única ruta.
Podes eliminar a conexión entre pasos pasando o rato sobre a frecha que queres eliminar e premendo na icona .

Organizar pasos no editor de fluxos de traballo
Podes arrastrar e soltar os pasos no editor de fluxos de traballo para organizar o deseño de forma manual. Isto facilita o seguimento do teu fluxo de traballo a medida que o vas creando. Os pasos conéctanse entre si nun formato de arriba a abaixo por defecto, pero podes arrastralos e soltalos en calquera lugar do editor sen romper as conexións das frechas que hai entre eles.
Podes mover varios pasos á vez mantendo premida a tecla Maiús do teclado e facendo clic nos que queiras seleccionar como grupo. Fai clic en calquera paso da caixa de grupo gris e arrástrao para mover todos os pasos incluídos ao mesmo tempo.
Podes restablecer automaticamente o deseño do teu fluxo de traballo co espazamento predeterminado entre os pasos para que che sexa máis fácil revisalo. Preme a icona e, despois, preme en Organizar fluxo de traballo para confirmar o restablecemento.
Eliminar un paso dun fluxo de traballo
No editor de fluxos de traballo, podes eliminar un paso do fluxo de traballo pasando o rato sobre o paso que queres eliminar e premendo na icona que hai a carón do paso. A eliminación dun paso non se pode desfacer.
Podes eliminar varios pasos á vez mantendo premida a tecla Maiús do teclado e facendo clic nos que queiras seleccionar como grupo. Fai clic na icona encima da caixa de grupo gris para eliminalos en lote.
Se eliminas un paso que ten outros conectados a el, estes seguirán no editor de fluxos de traballo, pero desconectaranse dos anteriores. Terás que volver conectar manualmente os pasos desconectados para seguir usándoos no fluxo de traballo.
Usar a barra de ferramentas de visualización do editor de fluxos de traballo

Na parte inferior do editor de fluxos de traballo, podes premer en calquera das seguintes iconas da barra de ferramentas de visualización:
- Usa
ou
para afastar ou achegar o fluxo de traballo.
- Usa
para centrar o fluxo de traballo na área visible do editor, co nivel de zoom que amosa todo o fluxo.
- Usa
para abrir a documentación do Centro de axuda de Shopify Flow nunha nova lapela do navegador.
- Usa
para organizar o deseño do teu fluxo de traballo.
Usar o panel de configuración de pasos no editor de fluxos de traballo
Ao seleccionares un paso, o panel de configuración móstrase no lado esquerdo do editor de fluxos de traballo. O panel de configuración contén os detalles do paso e é onde podes personalizar a funcionalidade de pasos específicos, como definir variables, asignar operadores lóxicos ou engadir información de accións personalizadas dependendo do que queiras que faga o paso.
As opcións que se mostran no panel de configuración están directamente relacionadas co tipo de paso que selecciones.

Engadir ou editar a descrición dun paso
Podes editar a descrición de calquera paso de condición ou acción desde o panel de configuración. Fai clic en Engadir descrición ou Editar descrición e introduce unha descrición do paso coas túas propias palabras. Isto pode axudarvos a ti e aos membros do teu persoal a interpretar o que está a facer o fluxo de traballo en función da túa propia descrición. Podes eliminar todo o texto do campo de descrición para restablecer a descrición do paso.
Revisar un paso en busca de contido de configuración que falte
Se a un paso lle faltan datos ou detalles de configuración que afectan á súa capacidade de funcionar, mostrarase un banner Revisar na parte superior do paso. Fai clic no paso para abrir o panel de configuración e engade os datos que faltan para eliminar o banner Revisar. A menos que un campo se indique como opcional, debe cubrirse para que o paso se considere completamente configurado.
Os pasos tamén mostran un banner Revisar cando non están conectados a ningún outro paso. Debes conectar o paso a outro paso no fluxo de traballo antes de poder seguir configurando os detalles do paso.

Se non se resolve un banner Revisar antes de intentar activar o fluxo de traballo, o paso mostrarase como un erro e o fluxo de traballo non se activará. Debes resolver todos os erros de configuración nun fluxo de traballo antes de que se poida activar.
Usar o cadro de diálogo 'Engadir unha variable'
No panel de configuración de pasos, algúns campos teñen a opción Engadir unha variable para engadir unha variable ao contido de configuración. Os conxuntos de datos que se mostran no cadro de diálogo Engadir unha variable dependen dos datos devoltos por calquera paso previo no fluxo de traballo. Por exemplo, por defecto, o cadro de diálogo Engadir unha variable móstrase coas seguintes opcións:
- Unha barra de busca para buscar variables por nome ou descrición.
- Os conxuntos de datos de variables predeterminados que devolve o activador do fluxo de traballo, que adoitan incluír as seguintes opcións:
- Variables
shop, que son globais para a túa tenda. - Polo menos 1 tipo máis, dependendo do activador do fluxo de traballo.
- Variables

Non obstante, se engades pasos ao fluxo de traballo que devolvan datos adicionais, como as accións Obter datos ou Executar código, mostraranse conxuntos de datos de variables adicionais no cadro de diálogo para que os selecciones en calquera paso que veña despois na rama do fluxo de traballo, porque agora eses datos adicionais están dispoñibles nese punto do fluxo de traballo. Os datos devoltos máis recentemente móstranse primeiro.

Podes navegar ata variables específicas facendo clic nas diferentes opcións de variables. Algunhas variables teñen opcións aniñadas e un > para indicar que hai subopcións nesa ruta da API da variable. Ao chegares ao final da ruta da API dunha variable, esta non ten a opción > e mostra un distintivo de tipo de contido da variable, como Cadea, Boolean, DateTime ou Int, para indicar que clase de información devolve a variable.